CURSO 2014-2015.

Xa hai uns días que comezamos o curso e tiña ganas de entrar por eiquí para comezar coa rutina de publicar no Blog e compartir experienzas, materiais e demais.
Neste caso, a entrada que quero compartir vai de materiais reciclados. Apasióname o mundo da reciclaxe e cada vez máis porque descubro cousas marabillosas que poden facerse con materiais destinados a realizar unha tarefa e que dun modo case milagroso convértense nun obxecto novo cun fin diferente totalmente para o que foron deseñados nun primeiro momento.
Neste caso utilicei unhas caixas de ovos como carcasas que recollen unha actividade completa. Nun caso, trátase dunha actividade destinada a clasificar según unha categoría (a cor) e noutra caixa clasificar según dúas categorías (cor e forma). Axudados por uns gomets o neno ou a nena poden realizar a actividade de xeito totalmente autónomo e a verdade e que lles encanta e motiva.
clasificar pola cor
clasificar pola cor e pola forma

No hay comentarios:

Publicar un comentario