BENVIDOS AO NOVO PROXECTO: novos materiais multisensoriais e materiais Teacch.

Neste curso plantéanse novos retos na nosa aula. Hai novos alumnos e alumnas e con eles novas necesidades que atender e moitas cousas que aprender de eles e de novas formas de traballar e ensinar. E como aínda que os requerimentose as necesidades aumentan pero no a dotación de recursos personais nin materiais temos que botar man do inxenio e crear con materiais de refugallo materiais que nos axuden a experimentar, manipular, potenciar e desenvolver aspectos que queremos traballar neste RECUNCHO.
Algo de presuposto tíñamos e de ahí e un belisco máis fixémonos con: unha cama elástica, unha piscina de bolas e un túnel de reptación.
1. A cama elástica: traballamos equilibrio e motricidade grosa. Sírvenos ademáis para traballar o xogo colaborativo.
2. A piscina de bolas: traballamos o espazo, a discriminación visual, a sensación táctil e a visual a que moitas veces engadimos como vese na imaxe elementos diferentes ás bolas que teñen que detectar e elementos luminosos apagando as luces co que traballamos o efecto máxico dos efectos luminosos que proxectan algún obxectos que mudan de cor e de intensidade (tamén adquirido este curso).
3. Túnel de reptación: traballamos fundamentalmente a psicomotricidade grosa e aspectos coma a direccionalidade, gateo... que dan conciencia do propio corpo. Tamén traballamos o xogo cooperativo, a estratexia e a causa efecto.

No hay comentarios:

Publicar un comentario