ADIVIÑAS

Hoxe estivemos a traballar adiviñas. Debe ser que como non temos sol dende fai moito tempo, apetecíanos ver cores e alegría. Por iso o motivo de traballar a palabra sol e bolboreta ;). Despois de acertar os nomes e sinalar os debuxos, deixamos o paraugas a un lado porque non tiña a letra L (xa utilizámolo bastante!!!).

REDONDO, REDONDIÑO,
ESTOU TODO O DÍA QUENTIÑO,
POLA NOITE PÓÑOME A SOÑAR
E POLO DÍA A BRILLAR.


SE NON TE QUERES ARREFRIAR
CANDO CHOVE TES QUE O LEVAR,
ABERTO, BEN ABERTIÑO
TÁPOTE TODO O CORPIÑO.


ÁS DE CORES,
SON MOI COQUETAS
XOGO ENTRE AS FLORES,
NON PARO QUIETA.

ADIVIÑAS de "Xogando cos sons"
Pictogramas de ARASAAC

















No hay comentarios:

Publicar un comentario