CONTO DA ABELLA CECI

A semana pasada comezamos a traballar na adaptación do CONTO DA ABELLA CECI, do material xogando cos sons que utilizo nalgunhas das sesións. Con esto iniciamos o fonema € (escríboo así ao fonema representado polos son za,ce,ci,zo,zu) aínda que represéntase coma un 0 cunha raía vertical atravesándoo. 
Coma en outras ocasións contei o conto da Abella Ceci adáptándoo a meu interese e os intereses sobre todo dos menús e miñas alumnas, xa que o conto orixinal paréceme moi menos atractivo para eles e elas. 
Por suposto, co conto aparece a mascota Ceci, tanto co Z coma co C das palabras que con teñen este fonema.

Representamos a posición da lingua, beizos e dientes cando sona este fonema. Beizos estirados, lingua que sobresae entre os dentes e expulsámolo aire para dicir:

ZZZZZZOOOOOO
CCCCCEEECCCCIIII
Máis tarde buscamos tarxetas que conteñen estes sons: za, ce, ci, zo, zu

No hay comentarios:

Publicar un comentario