CECI era unha abelliña que non sabía zugar o néctar das flores.
Por máis que o intentaba non conseguía levar o néctar á colmea para facer o mel. Así Celia, a nena que vive un poco máis alá, cerca do campo de azucenas poderá facer doces e así Ceci sentirase moi leda e orgullosa.
Un día, cando seguía intentándoo, pasou a raiña das abellas que tiña a fama de ser moi sabia e parou xunto a Ceci porque a víu moi triste sentada na azalea.
- Que che pasa abelliña?. Por que estás tan triste hoxe?
- Non consigo zugar o zume das flores. Pódesme axudar?
- Claro que si. Iso está feito.
Tes que poñer estirados os beizos,
sacar a lingua entre os dentes
e soprar a modo- ensínalle a raíña.
- Grazas abellas raíña. Que contenta estou de pronunciar tamén esta palabriña.
- Ala, a traballar- dille a raiña- pero acórdate de gardar ben estas palabriñas. cando vaias a casa, en celdas diferentes haberás de gardar pois unhas escríbense con ce C e outras con ceta Z.
- Non te preocupes que coidado hei de ter.
Que contenta a bella Ceci!!! E para celebralo achégalle a Celia un pouquiño de mel da sua colmena.
No hay comentarios:
Publicar un comentario