O CONTO DA SEÑORA LINGUA E O VERMIÑO

O CONTO DA SEÑORA LINGUA

Había unha vez un pequeño verme que era moi pero que moi traveso. Estaba só e como non coñecía ningún amigo, entretíñase por aí facendo trasnadas.

Un día cando saíu da súa casiña, veu un brazo que estaba apoiado no chan, ao lado do burato onde el vivía. Entón animouse a escalar a ver que podía atopar.
Subiu á man e, como viu que non pasaba nada, seguíu moi ledo: (Utilizaremos o dedo coma se este fose o verme ou podemos descargar o verme a suxeitalo cunha palliña de beber a modo de monicreque).


Así chegou ata o cóbado e aí víao todo moito mellor, así que quixo subir máis e máis para ver que podía atopar, mentres cantaba:LA,LA,LA-LA,LA,LA...


E chegou ata o ombreiro e alí sentíuse tan, tan alto que quiso seguir para ver que había máis alá mentres cantaba: LA,LA,LA-LA,LA,LA...


Entón chegou á cabeza e o víu toooooodo moito mellor.


Tanto que ao asomarse avistou algo que sobresaía e quixo saber que era. Descendeu ata baixar e colocarse enriba e xusto cando estaba aí (poñemos voz de suspense):DIN-DON!!!- Sonou un timbre. El asustouse e agachouse no máis alto da cabeza. (Agachamos o dedo).


Era a casa da Señora Lingua (con voz misteriosa) que ao escoitar o timbre abríu a porta da casa (abrimos a boca) e saíu a ver quen era (sacamos a lingua hacia diante e todos teñen que imitarnos).

Mirou a un lado (movemos hacia un lado a lingua),mirou hacia o outro lado (movemos hacia outro lado).
E non viu a ninguén. Entón meteuse na casa (metemos a lingua) e pechou a porta (pechamos os labios despacio facendo o ruido da porta ao pechar).

O verme que estaba agachadiño mirándoo todo lle fixo tanta gracia aquela trasnada (rímonos con risa de pillabán) que quiso repetilo.
Baixou pola frente ata chegar ao nariz e tocou o timbre unha vez máis e moi rápido volveu a agacharse na cabeza.
A señora lingua esta vez un pouco enfadada porque estaba cociñando e non podía atender a porta nalquel momento, saíu moi rápido (sacamos forte e rápido a lingua hacia diante).

Entón mirou para abaixo e para arriba (movemos a lingua hacia estas direccións).

E nada!!!! Colleu e refunfuñou así (facemos vibrar a lingua como cando facemos pedorretas).
Pechou a porta pero esta vez quedou a ver se descubría ao pillabán que estaba a molestar e mirou polo axexadoiro (asomamos a puntiña da lingua entre os labios).
O verme non sabía que a lingua estaba agachadiña e cando este ía baixar e tocar outra vez (voz misteriosa).... Tachán!!! A lingua salíu velozmente e pillou ao verme que levou un susto tremendo (escenificamos o susto). 
A lingua entón comenzou a berrarlle tan, tan forte... (facemos movementos coa lingua de dentro a fóra facendo sons: lalalallllalala).

O verme púxose moi triste (cara de pena) e pedíulle perdón á lingua. A lingua que tiña moito xenio pero era boa, perdonouno. Así déronse un bico e fixéronse amigos (damos un bico). E cando o verme quere xogar con alguén sabedes onde vai?? Si, a casa da señora lingua. Y colorín, colorado...

Outro día contaremos máis historias sobre o verme e a señora lingua.
MATERIAL PARA DESCARGAR:




PICTOGRAMAS DE ARASAAC.
CONTO REALIZADO POR CRISTINA CORTÉS MIRANDA
PARA A AULA DE AUDICIÓN E LINGUAXE DO CEIP VITE 1
blogdeauladeaudiciónelinguaxe.blogspot.com















No hay comentarios:

Publicar un comentario