RECOMENDACIÓNS SOBRE HÁBITOS PARA EDUCACIÓN INFANTIL

Aínda que o uso do chupete antes dos 24-30 meses é completamente recomendable xa que ademáis de calmar ao nenos está demostrado que reduce o índice de morte súbita. Temos que ter en conta que o reflexo de succión é innato.

O hábito no uso chupete nos primeiros níveis de Educación infantil é unha medida que debe tomarse de xeito compartido entre pais e especialistas. 
Este hábito, que algúns dos nenos e nenas arrastran durante toda a Etapa de Infantil pode levar a provocar trastornos logopédicos posteriores xa que entre os 24-30 meses se desenvolve a dentición e o chupete pode crear malformacións tanto no paladal como nas arcadas dentarías. Ademáis durante este periodo é ondee a linguae desenvólvese de forma máis marcada e o uso abusivo reste provoca que o nene ou nena mesares ten o chupete non fallará, provocando ademáis que as shas intervención secan máis en forma de cestos que a través do uso da palabra.

Para ver fotos sobre posibles malformacións que produce o abuso do chupete e as recomendacións dunha mamá pediatra pica aquí.


Recoméndase que o chupete se elimine entre o ano e medio e os dous anos, e a succión dixital entre os tres anos e medio e os catro anos, para evitar maloclusións dentais.
Axude ao seu fillo a eliminar o chupete. Cando o seu fillo teña 3 anos, só debe usalo para durmir. Moitas veces resulta máis doado eliminalo durante un aniversario ou unha festa, quizais Papá Noël ou os Reis Magos o necesiten para outros nenos máis pequenos a cambio dun xoguete.
Non se obsesionar: Convén que os pais e nais sexan conscientes de que os seus estímulos son moi importantes: se o neno ou nena detecta que hai unha preocupación familiar para que deixe o chupete, pode mostrar maior resistencia.
Deixalo gradualmente: Empezar, por exemplo, a darllo só pola noite para durmir, en momentos de crise, ou aproveitar unha situación de ruptura coa rutina habitual, un fin de semana na casa dos avós, unas vacacións... Entón, explicarémoslle que igual que hoxe non durmimos en casa, cousa que é un cambio importante, tampouco o facemos con chupete, que é outro cambio.
Axúdelle a esquecelo motivándoo, argumentando que xa é maior para usar chupete. Realice a transición do xeito máis agradable posible.
Poñerse de acordo con el ou ela: Hai que conseguir a colaboración do neno ou nena.
Propoñémoslle deixalo nun lugar determinado e pedímoslle que só o reclame cando de verdade o necesite. Soamente llo daremos neses casos. Tamén podemos pactar en que situacións pode usar o chupete e en cales non.
Non tomar medidas drásticas: Tirar os chupetes de pronto, poñer sobre eles substancias amargas, ameazar ou castigar, non só non adoita funcionar, senón que é contraproducente. Pode crear un trauma ao pequeno e, nese momento, necesitará o seu chupete (o seu consolo, o seu amigo) moito máis que antes.
 Negociar: Podemos probar a negociar co pequeno unha posible data de abandono: o seu cumpreanos, as próximas vacacións, a semana que vén... o intercambialo por un regalo que lle faga moita ilusións. Se o deixa debaixo de a almofada, ao día seguinte encontrarase cun agasallo de parte da Fada dos Chupetes dos nenos maiores...
Non se impacientar: Convén recordar que os nenos non son adultos pequeniños, senón unhas persoas que están a desenvolver a súa vida a todos os niveis, polo que hai que poñerlles atención e baixar ao seu nivel, isto é, procurar entender o neno e non viceversa.
Eloxios e amor: Calquera que sexa o método que usemos, hai que premialo con bicos, abrazos e mimos polos seus pequenos ou grandes logros. Así, a medida que pasen os días e use menos e menos o chupete, chegará o momento en que só o queira pola noite e, pasado un tempo, nin iso.
Reforzos positivos: Nunca o obrigue a deixar o chupete humillándoo. Recorde, utilice sempre estes reforzos positivos.
Se tras conseguir que abandone o chupete, o seu fillo volve acordarse del nos días seguintes e pídeo de novo (cousa que probablemente aconteza), sexa firme. Lémbrenlle que xa non hai chupete, e que el xa medrou e non usa esas cousas.
Cando o neno chupe o dedo, trate de distraelo pero sen mencionar o seu inquietude porque o faga. Se o neno xa é grande, explíquenlle o que o hábito lle produce, móstreo en un espello a separación dos seus dentes, ensínenlle a dureza no seu dedo polgar, recorra ao seu sentido do orgullo e verá que el pon da súa parte para mellorar.
Evite quitarlle o dedo da boca bruscamente, pegarlle na man, e facer comentarios en público que o avergoñen. Suxíralle que debuxe unha estreliña ou colóquese unha tirita no dedo, para recordar non se chupar.
De noite chuparse o dedo adoita ser un proceso involuntario, pero hai que intentar detelo. Igualmente, colóquenlle algo no dedo (unha luva, unha media, unha tirita...). Isto fará que o tacto non sexa tan agradable. Escollede entre os dous o método e felicitádeo pola idea.

Non trate de erradicar o hábito á forza, senón de substituílo por un hábito bo. Por exemplo, poden elixir un "compañeiro para o descanso", algún boneco ou xoguete que lle faga ter as mans ocupadas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario