O XOGO SIMBÓLICO PARA O DESENVOLVEMENTO DA LINGUAXE

O xogo simbólico aporta aos nenos e nenas a oportunidade de poñer en funcionamento estratexias e situacións para a vida adulta. e un momento onde eles fanse maiores de súpeto interpretando situacións que seus pais, seus avós, seus profes... realizan na vida adulta.
Este tipo de xogo desenvolve a linguaxe xa que teñen que poñer en prácticas expresións que as persoas adultas poñen de manifesto en diferentes situacións nas que eles mesmos estiveron presentes en máis dunha ocasión. Dar a papa á boneca, comprar no supermercado, ir ao médico ou facer de profe, lles permite ademáis empatizar e "poñerse no papel do outro", sentirse na súa pel,  moi importante para a educación dos sentimentos e emocións.
Tendo en conta iso, e que nalgúns casos o xogo simbólico non se  desenvove de xeito espontáneo podemos ser nós que lle brinde esta oportunidade conduindo este e provocando este tipo de situacións.
Hoxe,  por exemplo, traballamos o ir á compra.
Utilicei un libro de comunicación que deseñei xa fai tempo.
 Un dos nenos fixo de tendeiro (así reforzamos ademáis as profesións que é o tema principal como sabedes deste ano). Colocamos a modo de mostrador unha serie de alimentos que tiña recortados de diferentes catálogos. Os demáis fomos os que tiñamos algo que comprar.

Traballamos deste xeito o saúdo e as frases de cortesía, un dos obxectivos que estamos a traballar na aula específica. O neno ou nena que ía comprar pedíalle un alimento que necesitaba. O tendeiro tiña que localizalo e o comprador metíano no carrito.
As veces, para dificultar máis o xogo, cando tocábame a mín comprar, pedía un alimento que non existía para tamén ensaiar a fórmula de "non hai isto pero teño isto outro" xa que aos nenos máis pequenos ou con menos estratexias non saben como reaccionar ante unha situación non esperada.
 As veces, non lle dicía quero iogur senon quero algo para o postre que non sexa froita, tes?.
Pasáronno fenomenal!!!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario