Neste caso, a entrada que quero compartir vai de materiais reciclados. Apasióname o mundo da reciclaxe e cada vez máis porque descubro cousas marabillosas que poden facerse con materiais destinados a realizar unha tarefa e que dun modo case milagroso convértense nun obxecto novo cun fin diferente totalmente para o que foron deseñados nun primeiro momento.
Neste caso utilicei unhas caixas de ovos como carcasas que recollen unha actividade completa. Nun caso, trátase dunha actividade destinada a clasificar según unha categoría (a cor) e noutra caixa clasificar según dúas categorías (cor e forma). Axudados por uns gomets o neno ou a nena poden realizar a actividade de xeito totalmente autónomo e a verdade e que lles encanta e motiva.
clasificar pola cor |
clasificar pola cor e pola forma |
No hay comentarios:
Publicar un comentario