"O espazo non é solo un lugar de desprazamento, Tamén constitúe parte do noso pensamento, no cal insértanse os datos das experienzas e convírtese en representativo e simbólico, desenvolvendo certas formas de razoamento no neno e a nena".
Ver artigo relacionado
O traballo co espazo é un recurso co que traballamos continuamente. Neste caso, integramos as ferramentas dixitais para mostrar a imaxe que deben construir e así pasar de unha plana a unha tanxible.
|
Outro recurso co que traballamos é o xogo simbólico. Este é aquel no que os nenos e nenas representan roles e lles permiten poñerse no lugar do outro desempeñando situacións da vida cotidiana, manexando ferramentas e utilizando a linguaxe que observan nas persoas que lle rodean. Na aula de Audición e Linguaxe utilizamos moito este tipo de intervención porque aprenden a través do xogo sen darse de conta, están máis receptivos e expresivos e ademáis lles resulta máis doado facerllo neste tipo de situacións que nas intervencións máis regradas. Cando este non aparece de forma espontánea temos que traballar o seu desenvolvemento e manexo a través de situacións que lle poidan resultar próximas ao neno ou a nena e así intervir nos aspectos que observemos sexan susceptibles de traballar. Así a través do xogo podemos intervir en situacións de relación interpersoal de forma concreta e efectiva, utilizar obxectos concretos, potenciar a creatividade... |
|
"El juego sigue siendo un refugio indispensable
de las emociones experimentadas en el agitado mundo de la sociedad
(...l, es la forma infantil de experimentar creando situaciones y de
dominar la realidad experimentando y previendo» (Erikson, 1966).
|
No hay comentarios:
Publicar un comentario