Hoxe buscando materiais deARASAAC para traballar na aula de Audición e Linguaxe vin que había unha entrada que soábame moito e descubrín que era un traballo que fai tempo enviei para ver se nolo publicaban. Neste portal podedes colgar aqueles traballos que teñan recursos ARASAAC (sistemas alternativos ou aumentativos originalmente de Sergio Palao) e desa forma convírtese nun recuncho onde tamén podes atopar outros traballos. Como non hai moito feito en galego, pensei que sería boa idea mandalo e aí está, publicado. Polo que ARASAAC conta cun traballo máis en galego. Veña anímarvos e colgar máis.
Podedes mirar o traballo AQUÍ.
No hay comentarios:
Publicar un comentario