UN CURSO MOI INTERESANTE TANTO PARA PROFES COMO PADRES Y MADRES

O texto é un corta-pega dun correo que me chegou a mín e que comparto con vós por se vos interesa. Organiza a asociación Capaces e se estades interesados podemos organizarnos para ir porque é en Lugo. É un curso onde podemos aprender a cómo traballar e adaptar recursos e achegar a información a eles. Moi efectivo para nenos con TEA XA QUE SON APRENDICES VISUAIS pero tamén para os nenos e nenas con dificultades de aprendizaje, iniciación á lectoescritura... Deixovos a información e calquera dúbida contactade conmigo, Cristina, no colexio!!

"Ola a todos:

O vindeiro 25 de abril teremos o pracer de ter con nós outra a vez a Esther Cuadrado, esta vez virá a ensinarnos a todos como adaptar para nenos e rapaces con trastornos de comunicación e TEA, fai pouco que estivo en Cambados coa Asociación Por Dereito, e agora estará con nós. O horario do obradoiro será de 11:00 a 14:00 horas.

O Obradoiro promete ser moi interesante e práctico, estas son as cousas que Esther nos vai a ensinar:

-Nocións  ou principios básicos para a adaptación de material
-Adaptación de contos
-Adaptación de comics
-Adaptación de cancións
-Libros de texto e material complementario
-Lapbooks
-Pictoesquemas
-Educación emocional
-Anticipacións- guions
-Lectoescritura práctica

E tamén vainos adiantar un pouco sobre un novo proxecto que ten entre mans
 
O prezo é de 15 euros para non socios e gratuito para socios de CAPACES, para anotaros só tedes que contestar a este correo e xa vos informamos de como facer para reservar praza, para calquera dúbida podedes chamar ó 619170890

un saúdo

Angeles Fernández

AVISO LEGAL

O contido desta comunicación, así como o de toda a documentación achegada coa mesma, é confidencial e vai dirixido unicamente á persoa ou entidade destinataria da mesma. Para o caso de que non ser vostede a destinataria, solicitámoslle nolo indique e proceda á súa destrución sen comunicar o seu contido a terceiras persoas. En cumprimento do disposto na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro de Protección de Datos de Carácter Persoal, informámoslle que os seus datos persoais, os cales foron solicitados coa súa autorización ou de fontes de acceso público, atópanse nun ficheiro de datos persoais automatizado ou non, responsabilidade da ASOCIACIÓN CAPACES LUGO, provista de CIF Nº G27450147, con domicilio social en Rúa Gravador Castro Gil 13 2º, Código Postal 27004, Lugo, coa finalidade da xestión administrativa, de axendas e de comunicación da entidade. Poderá exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, dirixindo a súa solicitude por escrito asinado e achegando fotocopia do seu DNI ou documento identificativo equivalente á ASOCIACIÓN CAPACES LUGO ao enderezo xa sinalado ou por correo electrónico a capaceslugo@gmail.com"

No hay comentarios:

Publicar un comentario