A continuación mostrarei diversas aplicacións que usamos no colexio para traballar nas aulas e sobretodo aquelas que uso habitualmente e que me parecen interesantes. Non son aplicacións para editar aínda que esas tamén usámolas, vou referirme a aquelas coas que interveño nalgún aspecto concreto no meu campo de Audición e Linguaxe.
Unha moi sinxela é a de
Magnetic ABC |
Seguindo coa lectoescritura temos "LEO lite"
Nesta aplicación preséntanse diferentes sons que nós temos que relacionar coa letra axeitada. No menú inicial hai diferentes niveis. No primeiro as vogais, e pouco a pouco seguimos cunha sílaba ata formar palabras de dúas sílabas. Traballan a conciencia fonolóxica.
Outra aplicación na que últimamente traballo moito é LEO CON GRIN. E coma unha imaxe vale máis que mil palabras deixovos este video explicativo. Os que xa coñecedes Pipo e as súas actividades decirvos que son dos mesmos creadores.
Seguimos coa linguaxe escrita. Neste caso trátase de traballar a estructuración da linguaxe. A través das persoaxes dunha familia traballamos sintáxis, semática, tempos verbais, xénero e número, preguntas e respostas e outras actividades asociadas como colorear, puzzles e atopar parellas. Unha ferramenta moi útil para potenciar a linguaxe, e como inicialmente trabállase con pictogramas non é preciso ter coñecemento la lectoescritura nos primeiros niveis.
"Enséñame a hablar"
En canto ao xogo simbólico podemos xogar con Dr Panda. A través de diferentes xogos axúdalle a cociñar, a curar a os seus amigos, a arranxar e reformar a casa... As aplicacións pódense descargar gratuítas aínda que podes comprar a versión extendida. O bo desto é que podes traballar a nivel de linguaxe: moitas accións, vocabulario, atención... ademáis de traballar a direccionalidade, a precisión.... manexando as ferramentas que tes a túa disposición.
Non podemos esquecernos da colección "Aprende" de "Aprendices Visuales".Aprende con José, su protagonista, a desarrollar diferentes capacidades en ámbitos da vida cotiá: no parque, na rúa, lavando as mans... Dirixido para nenos e nenas con autismo pero aberto e aconsellado para todos. Disfruta con José e aprende.
De momento deixovos estas aínda que hai moitas máis. Pormeto seguir subindo entradas agora que comecei ;). Ata pronto!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario