UN MATERIAL INTERESANTE PARA REFORZO DA LECTOESCRITURA

Preséntovos un material que trouxen da miña casa para traballar no colexio dende os máis pequenos, ata aqueles nenos e nenas que presentan dificultades lectoescritoras para darlles un reforzo máis ao traballo diario de lápis e papel.
Tratánse de pezas de puzzle que encaixan de dúas en dúas. Por unha banda (o lado laranxa) hai unha peza cunha letra do abecedario e un debuxo representando unha palabra que empeza por ela.Esa peza hai que encaixala cunha peza que teña outro debuxo que empece por esa mesma letra. En ambos casos a palabra ven escrita, polo que podemos traballar dende os niveis iniciais de EI ou para nenos e nenas que non teñan coñecemento destas, xa que nese caso terán que asociar dúas letras iguais.
Por outro lado, as pezas son de cor azul. Neste caso hai que buscar dúas palabras que comecen por unha mesma letra pero o máis chulo do asunto é que o xogo trae un boli "máxico" que sona se marcamos a palabra que comeza por esa letra ou a palabra á que refírese e debuxo.
A verdade é que os nenos e nenas alucinan e resulta un reforzo moi positivo e diferente ao traballo habitual das fichas.
Tamén sívenos para traballar a articulación dun fonema concreta e a súa conciencia fonolóxica e para traballar vocabulario en alumnado de lingua extranxeira con descoñecemento do castelán.
Espero que vos resultase interesante!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario