RELOXO DE AREA

É algo que tiña ganas de facer fai moito tempo e que xa por fin fixen.
Para os nenos e as nenas é moi útil xa que ven de maneira directa como transcurre o tempo. Da igual se corresponde ou non a unha medida concreta o importante é que o tempo que lle damos para facer algo, esperar, estar quedos...comeza cando empeza a caer a area e remata cando toda a área caeu. 
É moi sinxelo. Se precisa de dúas botellas de auga que teñen unha boquilla estreita adaptada para nenos, área de praia e cinta aislante para unir as dúas boquillas. Deixaremos unha desas boquillas e quitáremos todo o tapón da outra para que a area se cole pouco a pouco. 
Podemos decorar a unión para que non se vexa a cinta. Eu por exemplo puxen un trozo de goma eva. 
Espero que vos guste!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario