BENVIDOS AO NOVO PROXECTO: novos materiais multisensoriais e materiais Teacch.

Neste curso plantéanse novos retos na nosa aula. Hai novos alumnos e alumnas e con eles novas necesidades que atender e moitas cousas que aprender de eles e de novas formas de traballar e ensinar. E como aínda que os requerimentose as necesidades aumentan pero no a dotación de recursos personais nin materiais temos que botar man do inxenio e crear con materiais de refugallo materiais que nos axuden a experimentar, manipular, potenciar e desenvolver aspectos que queremos traballar neste RECUNCHO.
Algo de presuposto tíñamos e de ahí e un belisco máis fixémonos con: unha cama elástica, unha piscina de bolas e un túnel de reptación.
1. A cama elástica: traballamos equilibrio e motricidade grosa. Sírvenos ademáis para traballar o xogo colaborativo.
2. A piscina de bolas: traballamos o espazo, a discriminación visual, a sensación táctil e a visual a que moitas veces engadimos como vese na imaxe elementos diferentes ás bolas que teñen que detectar e elementos luminosos apagando as luces co que traballamos o efecto máxico dos efectos luminosos que proxectan algún obxectos que mudan de cor e de intensidade (tamén adquirido este curso).
3. Túnel de reptación: traballamos fundamentalmente a psicomotricidade grosa e aspectos coma a direccionalidade, gateo... que dan conciencia do propio corpo. Tamén traballamos o xogo cooperativo, a estratexia e a causa efecto.

MÁIS VALE TARDE QUE NUNCA!!! APPS UTILIZADAS NA MIÑA AULA DE AL

Ola a todos e todas!. Hoxe comezo a escribir unha nova entrada no blog. Esta entrada ten que ir aquí xa que fai moito que escribínna. Comencei a editala o curso pasado e quedou sen rematar.

A continuación mostrarei diversas aplicacións que usamos no colexio para traballar nas aulas e sobretodo aquelas que  uso habitualmente e que me parecen interesantes. Non son aplicacións para editar aínda que esas tamén usámolas, vou referirme a aquelas coas que interveño nalgún aspecto concreto no meu campo de Audición e Linguaxe.
Unha moi sinxela é a de
Magnetic ABC
Trátase dun encerado magnético no que os rapaces e rapazas poderán ir colocando letras para escribir palabras, o seu nome o xogar e familiarizarse con elas. O simpático do asunto é que cando colocas unha das pezas fai o mesmo ruído que se fosen realmente imantadas.
Seguindo coa lectoescritura temos "LEO lite"

 Nesta aplicación preséntanse diferentes sons que nós temos que relacionar coa letra axeitada. No menú inicial hai diferentes niveis. No primeiro as vogais, e pouco a pouco seguimos cunha sílaba ata formar palabras de dúas sílabas. Traballan a conciencia fonolóxica.
Outra aplicación na que últimamente traballo moito é LEO CON GRIN. E coma unha imaxe vale máis que mil palabras deixovos este video explicativo. Os que xa coñecedes Pipo e as súas actividades decirvos que son dos mesmos creadores.
Seguimos coa linguaxe escrita. Neste caso trátase de traballar a estructuración da linguaxe. A través das persoaxes dunha familia traballamos sintáxis, semática, tempos verbais, xénero e número, preguntas e respostas e outras actividades asociadas como colorear, puzzles e atopar parellas. Unha ferramenta moi útil para potenciar a linguaxe, e como inicialmente trabállase con pictogramas non é preciso ter coñecemento la lectoescritura nos primeiros niveis.
"Enséñame a hablar"
En canto ao xogo simbólico podemos xogar con Dr Panda. A través de diferentes xogos axúdalle a cociñar, a curar a os seus amigos, a arranxar e reformar a casa... As aplicacións pódense descargar gratuítas aínda que podes comprar a versión extendida. O bo desto é que podes traballar a nivel de linguaxe: moitas accións, vocabulario, atención... ademáis de traballar a direccionalidade, a precisión.... manexando as ferramentas que tes a túa disposición.
Non podemos esquecernos da colección "Aprende" de "Aprendices Visuales".Aprende con José, su protagonista, a desarrollar diferentes capacidades en ámbitos da vida cotiá: no parque, na rúa, lavando as mans... Dirixido para nenos e nenas con autismo pero aberto e aconsellado para todos. Disfruta con José e aprende.

De momento deixovos estas aínda que hai moitas máis. Pormeto seguir subindo entradas agora que comecei ;). Ata pronto!!!!


UN CURSO MOI INTERESANTE TANTO PARA PROFES COMO PADRES Y MADRES

O texto é un corta-pega dun correo que me chegou a mín e que comparto con vós por se vos interesa. Organiza a asociación Capaces e se estades interesados podemos organizarnos para ir porque é en Lugo. É un curso onde podemos aprender a cómo traballar e adaptar recursos e achegar a información a eles. Moi efectivo para nenos con TEA XA QUE SON APRENDICES VISUAIS pero tamén para os nenos e nenas con dificultades de aprendizaje, iniciación á lectoescritura... Deixovos a información e calquera dúbida contactade conmigo, Cristina, no colexio!!

"Ola a todos:

O vindeiro 25 de abril teremos o pracer de ter con nós outra a vez a Esther Cuadrado, esta vez virá a ensinarnos a todos como adaptar para nenos e rapaces con trastornos de comunicación e TEA, fai pouco que estivo en Cambados coa Asociación Por Dereito, e agora estará con nós. O horario do obradoiro será de 11:00 a 14:00 horas.

O Obradoiro promete ser moi interesante e práctico, estas son as cousas que Esther nos vai a ensinar:

-Nocións  ou principios básicos para a adaptación de material
-Adaptación de contos
-Adaptación de comics
-Adaptación de cancións
-Libros de texto e material complementario
-Lapbooks
-Pictoesquemas
-Educación emocional
-Anticipacións- guions
-Lectoescritura práctica

E tamén vainos adiantar un pouco sobre un novo proxecto que ten entre mans
 
O prezo é de 15 euros para non socios e gratuito para socios de CAPACES, para anotaros só tedes que contestar a este correo e xa vos informamos de como facer para reservar praza, para calquera dúbida podedes chamar ó 619170890

un saúdo

Angeles Fernández

AVISO LEGAL

O contido desta comunicación, así como o de toda a documentación achegada coa mesma, é confidencial e vai dirixido unicamente á persoa ou entidade destinataria da mesma. Para o caso de que non ser vostede a destinataria, solicitámoslle nolo indique e proceda á súa destrución sen comunicar o seu contido a terceiras persoas. En cumprimento do disposto na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro de Protección de Datos de Carácter Persoal, informámoslle que os seus datos persoais, os cales foron solicitados coa súa autorización ou de fontes de acceso público, atópanse nun ficheiro de datos persoais automatizado ou non, responsabilidade da ASOCIACIÓN CAPACES LUGO, provista de CIF Nº G27450147, con domicilio social en Rúa Gravador Castro Gil 13 2º, Código Postal 27004, Lugo, coa finalidade da xestión administrativa, de axendas e de comunicación da entidade. Poderá exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, dirixindo a súa solicitude por escrito asinado e achegando fotocopia do seu DNI ou documento identificativo equivalente á ASOCIACIÓN CAPACES LUGO ao enderezo xa sinalado ou por correo electrónico a capaceslugo@gmail.com"

UN CUENTO MUY ESPECIAL "Las pelusas se mudan de casa"

Es un cuento muy especial y queremos dedicárselo al motor de nuestro proyecto: los niños y las niñas. Queremos, a través de la dedicatoria del cuento, hacerles llegar un mensaje. Queremos decirles: "Creemos en vosotros". En este mes de Abril donde todos ponemos tanta energía en la visibilidad del autismo, queremos proponerte que le dediques un momento al motor de cada una de nuestras acciones, los niños y las niñas y cuando leáis juntos este nuevo cuento, le digas #YoCreoEnTi. Encontrado en el blog Aprendices visuales

ARTIGO SOBRE A IMPORTANCIA DAS IMAXES PARA OS ALUMNOS E AS ALUMNAS CON TEA (TRASTORNOS DO ESPECTRO AUTISTA)

  "LOS APOYOS VISUALES SON LAS GAFAS NECESARIAS PARA VER EL MUNDO del blog ALTO, ALTO COMO UNA MONTAÑA

VÍDEO EXPLICATIVO SOBRE INTELIXENCIAS MÚLTIPLES

Oístes falar das intelixencias múltiples? Deixovos un vídeo que fala sobre elas.